Hoxe é Sábado 4 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O programa de baile do Concello chega a máis parroquias

baile

A programación de 2026 estenderase durante os meses de marzo e abril con sete sesións de baile e música en directo amenizadas polos grupos Armonía, Azabache, Marcela Canela, Tic Tac e Sabrosito. Será nas parroquias de Cesantes, Chapela, Vilar, Cedeira, Negros, Ventosela e Cabeiro. A cita será os sábados ás 22.00 horas con entrada de balde.

Logo do éxito da primeira edición de “Redondela con Ritmo”, o Concello de Redondela dá continuidade a esta actividade e anuncia unha nova programación para 2026 que levará a música en directo e o baile a máis centros culturais e sociais. As actuacións correrán a cargo de grupos da bisbarra como Armonía, Azabache, Marcela Canela, Tic Tac e Sabrosito, “poñendo en valor o talento dos artistas locais”. Nas sesións ofrecerán un repertorio variado, desde ritmos latinos ata os clásicos pasodobres.

A primeira das actuación terá lugar xa o vindeiro sábado 7 de marzo no CCD Cesantes. O día  14 de marzo a cita será no Centro Cultural de Cidadelle en Chapela, o 21 de marzo no Centro Cultural de Vilar de Infesta e o último sábado de mes, o día 28 no Centro Cultural de Cedeira.

En Abril está prevista unha nova actuación o día 11 de abril no Centro Cultural de Santo Estevo de Negros, o día 18 na Miñoteira en Ventosela e rematará o programa o 25 de abril en Cabeiro.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, xunto á concelleira de Servizos Sociais e Maiores, Iria Vilaboa, presentaron este calendario que busca “ofrecer alternativas de lecer saudable e fomentar a socialización entre a veciñanza así como fomentar un envellecemento activo, mellorando a saúde física e emocional a través do baile.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará