Hoxe é Sábado 4 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR OPmobility remonta e golea

645788174_1494103802724542_7631061891813180271_n

Na Primeira Autonómica Masculina, o SAR OPmobility logrou unha vitoria na Bomboneira fronte ao Balonmano Atlántico. O partido tivo dúas caras ben distintas: os visitantes saíron máis concentrados e colocaron un rápido 3-6. Aos locais custoulles entrar no encontro, pero foron corrixindo erros e igualaron no último minuto da primeira metade (11-11 ao descanso). Na segunda parte, a igualdade mantívose ata o 15-15 (minuto 36), pero a partir de aí o SAR OPmobility aumentou o ritmo, foi máis eficaz en ataque e sólido en defensa. A diferenza creceu progresivamente ata un contundente 31-22 final. Esta vitoria mantén ao equipo na segunda posición da clasificación e reforza a confianza de cara ao próximo reto: visitar a pista do líder, o Poio Artai.

Pola súa banda, o Balonmano Chapela rompeu unha racha de catro vitorias consecutivas ao caer derrotado por 42-30 fronte ao Seis do Nadal, equipo forte na terceira praza da táboa. Malia loitar ata o final e chegar a empatar 8-8 no minuto 15, os locais foron ao descanso con vantaxe de tres goles (19-16). A desigualdade aumentou na segunda metade ata o resultado definitivo. Con 20 puntos, os de Chapela sitúanse na sexta posición da xeral. A vindeira xornada reciben no Pavillón Municipal Manuel González Soto ao Grove Paraíso Rasoeiro BM, actual colista do grupo.

Na Segunda Autonómica Masculina, o SAR Globalmar seguiu co seu bo ritmo e dominou de principio a fin o encontro na casa fronte ao Balonmano Pontedeume. Desde o inicio marcou o tempo do partido, cunha primeira metade controlada con rentas axustadas (14-10 ao descanso). Na segunda parte deu un paso adiante en intensidade e eficacia, ampliando a vantaxe ata un claro 31-18 final. Trátase da segunda vitoria nesta segunda fase, que mantén ao equipo na segunda posición da táboa.  A próxima semana desprazaranse a Sanxenxo para medirse ao Balonmán Sanxenxo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará