Hoxe é Martes 3 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela triunfa no Memorial Paco Fenosa: unha xornada de remo con récord de participación

642509739_1511152131015107_1200229138506061766_n

Foto de Remeirando

O pasado domingo, o Club de Remo Chapela converteu o Paseo de Cardona nunha festa do remo coa XXI edición do Memorial Don Francisco Alonso Loureiro, máis coñecido como “Paco Fenosa”. Dende as once da mañá, as embarcacións saíron ao mar con remeiros chegados de toda Galicia, competindo en categorías masculina, feminina, base e veteranos. Foi unha xornada marcada polo bo tempo, cun ceo solleiro que acompañou a participación récord de 616 deportistas, e que rematou coa vitoria de Chapela na categoría masculina absoluta e de Perillo na feminina.

Entre os resultados máis destacados, Chapela impúxose con autoridade na proba masculina, superando en doce segundos a Ares –un rival que tamén competirá na máxima categoría da Liga ACT este ano, logo do ascenso de ambos os dous clubs–. Mentres, Tirán Pereira e Samertolameu lideraron entre os barcos que remarán n na Liga Galega. No absoluto masculino, o outro club de Redondela, o CCD Cesantes, quedou no décimo quinto posto, nunha competición que amosou o alto nivel do remo galego.

Dende o Club de Remo Chapela, celebraron o evento nas redes sociais cun ton de orgullo colectivo: “XXI Memorial ‘Paco Fenosa’. Gran mañá de remo na casa, con récord de participación neste memorial. Resultados que son reflexo do traballo diario e do compromiso de todo o club. Orgullo de equipo. Orgullo berete”. 

A categoría de veteranos tampouco pasou desapercibida, cun total de 16 embarcacións. Alí, Samertolameu levou a vitoria nos homes, seguido de Chepala no segundo posto. Vila de Cangas gañou nas mulleres e Esteirana no mixto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará