Hoxe é Martes 3 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Empate amargo do Choco na casa contra o Alternavia

WhatsApp Image 2026-03-02 at 12.11.51

Foto de Xeila Fervenza

Un golazo de Izan nos minutos finais parecía darlle ao CD Choco a vitoria que tanto necesitaba na loita pola salvación, pero un erro defensivo nunha acción lateral permitiu ao CP Alternavia rescatar un empate (1-1) en Santa Mariña que deixa ao equipo redondelán coa sensación de dous puntos escapados.

Preferente

CD CHOCO – CP ALTERNAVIA (1-1)

O CD Choco sumou un punto valioso, pero amargo, na tarde deste domingo en Santa Mariña. O equipo de Álvaro Soto empatou a un gol contra o CP Alternavia, nun partido que tiña a intención de levarse os tres puntos e darlle un respiro importante á clasificación na loita pola salvación da Preferente.

Con 26 puntos na xornada, o Choco mantense no posto 13 da táboa. O empate da semana pasada xa deixara unha sensación agridoce, e hoxe volveuse repetir esa falta de premio final que o cadro necesita.

O adestrador Álvaro Soto fai balance: “Foi un partido complicado de saída. Tiñamos as baixas por acumulación de amarelas de Garci e Suárez, máis as lesións xa coñecidas de Ronald, Xavi e Rosendo e André, que chegou de viaxe pero non puido nin entrenar. Ao final xogaron cinco xuvenís, todos entraron no terreo, só quedou Salva fóra nos 90 minutos. Nunha categoría tan esixente como a Preferente, con xente veterana, moito duelo físico e esa pillería que dá a experiencia, penalízanos moito ter unha media de idade de 22-23 anos e ter que tirar tanto de rapaces”.

O equipo saíu ao campo con personalidade, metido no partido dende o primeiro minuto. “Tivemos o balón, circulamos ben de lado a lado, atopamos algunha vantaxe polas bandas con centros laterais, pero non fomos capaces de rematar con perigo”, explicaba Soto. Robert tivo unha clara mano a mano tras un roubo, mais non logrou definir ante o porteiro rival.

O Alternavia, aínda que non creou ocasións claras, si metía “medo” cos balons longos ás costas da defensa local. Ao descanso chegou con igualdade, e na segunda metade o Choco deu un paso adiante: “Fomos máis arriba, roubamos algún balón, estivemos máis en campo contrario, pero seguíamos sen finalizar”.

Cando o partido entraba nos últimos minutos, cos nervios a flor de pel, chegou o 1-0. Izan, un dos xuve nís, fixo unha xogada excelente pola banda, chegou á liña de fondo e cruzou pegado ao pau. Parecía que o gol valía os tres puntos.Pero un erro defensivo nunha acción que parecía inofensiva custou caro. “Unha falta lateral, o xogador rival pega mal e o balón vai á escuadra. Levamos dous partidos metendo nós os goles. Erros que non se poden cometer nunha categoría como esta”, recoñecía o adestrador.

Álvaro Soto non dubidaba ao valorar o resultado: “Para min son dous puntos que se nos escapan. A semana pasada contra Portonovo quizais rascamos un punto, pero hoxe tiñamos que levar os tres. Non podes pensalo doutro xeito”.

Agora o foco está xa no próximo desafío: a visita ao campo do Antela FC, outro rival directo na zona baixa. “Vai ser complicado. Ademais perdemos a Brais onte por unha lesión no dedo do pé. Volvemos con dous sancionados, seguimos sen recuperar a Rosendo, Ronald nin Xavi. Recuperamos a García e Suárez, pero a listaxe de baixas segue longa”.

O Choco necesita dar ese paso adiante que lle permita saír da zona de risco. O punto suma, pero a sensación é que se lle escapan oportunidades que non se poden deixar pasar.

Prmeira Galicia

CD RIBADUMIA – CD ARCADE (1-0)

Primeira Galicia, o CD Arcade caeu por 1-0 na súa visita ao líder, o CD Ribadumia. Non foi doado, e agora están no noveno posto con 30 puntos. A vindeira xornada reciben ao quinto clasificado, o Campo Lameiro CD, unha oportunidade para sumar na casa.

Segunda Galicia

CD SOUTOMAIOR – DORRÓN CF (4-3)

Na Segunda Galicia, o CD Soutomaior logrou unha vitoria axustada na casa contra o Dorrón CF, 4-3. Con este triunfo entran en zona de play-off, sumando 38 puntos e no terceiro posto. A próxima xornada serán unha visita ao SDC San Adrián.

Terceira Galicia, Grupo Vigo

ALERTA SANGUIÑEDA – CHAPELA CF (1-2)

Na Terceira Galicia, no grupo de Vigo: O Chapela CF sacou unha vitoria importante na visita ao Alerta Sanguiñeda, 1-2. Con 42 puntos, empatados co AD Lavadores, están moi preto dos play-off de ascenso. A próxima fin de semana reciben ao Racing de Castrelos FC “B”, un bo momento para consolidar.

ATLÉTICO DE VILLAR – CD NIETO (4-0)

Na mesma categoría, o Atlético de Villar, volveu demostrar a súa superioridade cun 4-0 ao CD Nieto. Líderes absolutos con 54 puntos e oito de vantaxesobre o CD La Guía. A vindeira xornada visitan ao Atlántida Matamá “B”, e parece que van a por máis.

Terceira Galicia, Grupo Pontevedra

Na Terceira Galicia, no grupo de Pontevedra, o CD Cesantes descansou esta fin de semana, polo que chega fresco ao duelo clave da vindeira xornada. Os de Cesantes visitarán o campo do FC Cruceiro, un rival directo na pelexa pola segunda praza que dá opción real de ascenso. Actualmente, o Cruceiro suma 42 puntos e ocupa o segundo posto, mentres que o Cesantes está terceiro con 41 puntos. Unha vitoria no Cruceiro podería darlle o empuxón de novo na loita pola promoción directa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará