Só un empate para os equipos da zona, nunha xornada que acabou con derrotas para a maioría.
Terceira División Nacional
S.D. PAZOS DE BORBEN FS – OUTEIRO DE REI S.D. (5-5)
O SD Pazos de Borbén FS empatou a cinco na casa contra o Outeiro de Rei SD. Un punto que os coloca décimos con 30 acumulados. Dende a directiva do club sanalan que foi un reparto de puntos “nun bonito encontro que puído caer para calquera dos dous lados”.
A vindeira xornada reciben ao ADI Vianariño FS, encontro importante para asegurar a categoría un ano máis.
ADC LUGO SALA “B” – REDONDELA F.S. RODAVIGO ( 7-4)
Na Terceira División Nacional, o Redondela FS Rodavigo perdeu 7-4 na visita ao ADC Lugo Sala “B”. Baixan á zona perigosa con só 18 puntos, e urxe sumar. A próxima xornada, reciben ao Sport Sala FS, que é segundo e un óso duro de roer.
Preferente
S.D. ABETOS GONDOMAR FS – CAMPITO CHAPELA F.S. (7-4)
Na Preferente de fútbol sala, o Campito Chapela FS caeu 7-4 na visita ao SD Abetos Gondomar, un equipo forte en zona de play-off. Agora están décimos, e reciben ao CD Beade, que é o último na táboa – polo que é unha oportunidade para puntuar.
REDONDELA F.S. – RESTAURANTE LEMOS “B” – PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS F.S. (2-5)
O filial do Redondela FS perdeu 2-5 contra o Pizarras Los Tres Cuñados FS, na loita polo play-off. Sitúanse sextos, pero moi cerca da zona de ascenso. O próxima sábado Reciben ao Pecheches FS, rival directo e quinto clasificado
O SD Pazos de Borbén FS “B” descansou, e precisa sumar urxente na próxima cita contra o Academia Futsal Ourense e tentar fuxir da zona de descenso.
Primeira Futgal
CLUB DEPORTIVO MIRALBA – ARAEALONGA FS CHAPELA (5-1):
Por ultimo, na Primeira, o Araealonga FS Chapela perdeu 5-1 na visita ao Club Deportivo Miralba. Afúndense na zona de descenso e tamén teñen que reaccionar con urxencia. A vindeira xornada reciben á Escola Futsal Morrazo .









