A oferta de emprego inclúe 3 postos varredor/a, 3 de albanel, 10 peóns forestais, 1 auxiliar de Biblioteca e un auxiliar administrativo. As persoas interesadas deben inscribirse na oficina de emprego facilitando o código correspondente a cada oferta, deberán estar dados de alta no paro e ser solicitantes de emprego.
Os peón forestais estarán dedicados ás tarefas relacionadas coa limpeza e mantemento de camiños, así como a prevención de incendios; os postos de varredor/-a, que se dedicarán á limpeza e mantemento de rúas e zonas verdes municipais; e os 3 postos restantes serán para albanel, que realizarán tarefas de mantemento de rúas, beirarrúas, instalacións municipais e outras vías públicas.
A incorporación do persoal de rúa realizarase de xeito gradual co obxectivo de que haxa persoal a maior parte do ano e que nos meses de maior necesidade o concello conte coa totalidade das persoas contratadas de maneira activa.
Todo o persoal vencellados coas obras, peóns, albaneis e varredores, comezarán un bloque o 20 de marzo e outro bloque o 20 de maio. O 1 de abril dará comezo a auxiliar de Biblioteca que terá un contrato de 9 meses con previsión de inicio e o 9 de abril o auxiliar administrativo con previsión de 4 meses comezaría en setembro.
Co obxectivo de que o proceso de contratación se leve a cabo con total transparencia e garantizando que todos os veciños e veciñas teñan igualdade de oportunidades, por terceiro ano consecutivo os códigos necesarios para presentarse ás ofertas de emprego serán públicos. ( PEÓN FORESTAL: 95431028, VARREDOR: 94431016, ALBANEL: 71211015, AUXILIAR ADMINISTRATIVO: 45001019 e AUXULIAR BIBLIOTECA: 42101011).
Os veciños e veciñas interesadas en presentarse ás ofertas de emprego deberán estar dados de alta no paro e ser solicitantes de emprego.
Unhas contratacións para o concello de Soutomaior que serán cofinanciadas entre o Concello de Soutomaior e a liña 3, de activación do emprego, da Deputación Provincial.









