En torno a conmemoración do Día Mundial da Obesidade, que se celebra este 4 de marzo, Redondela acollerá a actividade “Camiña e conecta”, unha andaina de 3 kilómetros pola Senda do río Maceiras que combinará exercicio físico e mensaxes clave sobre alimentación, benestar emocional, actividade física e hixiene do sono, no marco das acción impulsadas pola Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS).
Este día supón unha chamada á acción para tratar esta problemática de forma urxente e conxunta. A obesidade, relacionada con factores como a alimentación, a actividade física e o sono, non só afecta a saúde física, senón tamén a saúde mental e a calidade de vida.
Co obxectivo de aproveitar o poder deste día para iniciar accións transversais e compartir coñecementos para abordar a obesidade desde una perspectiva multifactorial, o Servizo de Estilos de Vida e Educación para a Saúde e a Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) da Dirección Xeral de Saúde Pública deseñaron unha proposta para levar a cabo de forma simultánea en distintas localizacións de Galicia, un conxunto de andainas dirixidas á poboación xeral acompañadas de mensaxes sobre estilos de vida saudables.
No caso da Área sanitaria de Vigo, a localidade elixida para realizar a actividade é Redondela e a ruta, cunha distancia aproximada de 3 km, faráse pola Senda do Maceiras. O punto de encontro será a praza do Concello, ás 10:30h. Para participar é preciso inscribirse a través do seguinte enlace: https://enquisas.xunta.gal/index.php/855872
Dende a REGAPS convidamos a todas as persoas, profesionais de pacientes, a unirse a esta iniciativa para avanzar cara unha sociedade cuns hábitos de vida máis saudables.









