Show Reina Blanca do CPA Bolboreta
As Travesas, en Vigo, convértese esta fin de semana no epicentro da patinaxe artística galega co Campionato Galego de Grupos Show e Cuartetos de nivel nacional, que se celebra o sábado 28 de febreiro e o domingo 1 de marzo. Dous de Redondela levan as súas coreografías con moitas ganas: o CPA Arealonga e o CPA Bolboreta.
O CPA Arealonga, de Chapela, presenta un grupo Junior con 16 patinadoras de entre 12 e 16 anos, que seguro van dar espectáculo. Ademais, levan tamén un cuarteto Junior formado por catro rapazas de 13 e 15 anos. Pola súa banda, o CPA Bolboreta compite na categoría de grupo pequeno coa súa coreografía Reina Blanca, a mesma coa que xa acadaron o segundo posto no Campionato Galego de 2ª Categoría Show da Xunta de Galicia celebrado en maio de 2025. Unha aposta forte.
Máis patinaxe a nivel estatal
O Club Patinaxe Artística Arealonga Chapela participo na primeira preselección de modalidade libre organizada pola Real Federación Española de Patinaxe. A pasada fin de semana, o equipo se desprazou ata L’Aldea, en Tarragona, onde Elena Iglesias e Daniela Cacheda representaron ao club na categoría Alevín, mentres que Sabina Gómez fixo o propio na Infantil. Desde o club contaban nas redes que regresan “con moitas aprendizaxes adquiridas e con gran ilusión por seguir mellorando”.
Na concentración participaron máis de 60 patinadores chegados de ata dez federacións autonómicas diferentes: Aragón, Canarias, Castela e León, Catalunya, Galicia, Illes Balears, Comunidad de Madrid, Navarra, Comunidade Valenciana e Euskadi. A segunda preselección xa ten data: será os días 13 e 14 de xuño, tamén nas mesmas instalacións de L’Aldea.










