Hoxe é Sábado 28 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O servizo de correos de Redondela “ao borde do colapso” pola falta de persoal

Captura de pantalla 2026-02-27 104738

A CIG denuncia que o servizo unicamente conta con 12 persoas para realizar o reparto en Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos e Soutomaior. Das 21 prazas existentes tan só están cubertas 12 o que pon en perigo a calidade do reparto “hai notificacións administrativas, citas xudiciais e outros envíos como citas médicas que están a chegar fora de prazo nalgúns casos”. Advirten tamén da situación de estrés que padecen os e as traballadoras pola elevada carga de traballo que teñen que asumir.

Esta situación está a provocar unha total desorganización do servizo, tendo en conta que o persoal efectivo ten que andar cada día “dando saltos” para tratar de atender o reparto, “polo que a calidade do servizo que se lle presta á cidadanía é cada día peor”.

Dende a central sindical inciden na obriga da sociedade pública de cumprir coa legalidade en canto a prazos de reparto e días de entrega que establece a lei postal, algo que non sempre é posible “como consecuencia do deterioro deste servizo público”, critican.

Por outra parte, a falta de persoal provoca tamén unha situación de tensión e de estrés entre as persoas traballadoras que ten como consecuencia o aumento de accidentes laborais e de baixas por ansiedade, problemática que a CIG leva tempo denunciando diante da Inspección de Traballo ao constituír unha “clara vulneración” da lei de prevención e seguridade laboral.

Finalmente, lembran que esta política de recorte de persoal e de ausencias que non se cobren por parte da empresa “vai en aumento e está sendo xeneralizada”, provocando un “grave prexuízo” para a cidadanía a un clima de tensión laboral “cada día máis insoportable”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará