Hoxe é Venres 27 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Iván Valles incorpórase ao Chapela CF como novo coordinador do fútbol base

641870307_18344850556208546_5507204884622331365_n

Iván Valles xunto a Jose Hermida (Presidente do Chapela CF)

O Chapela CF arranca motores para a tempada 2026-2027 coa incorporación á súa estrutura deportiva de Iván Valles, cunha ampla traxectoria no fútbol sala e no fútbol de formación.

 Iván Valles vai asumir a coordinación deportiva no fútbol base xunto con Miguel Domínguez, e chega procedente do Casa Paco despois dunha etapa como concelleiro en Redondela na área de Deportes. Agora, inicia esta nova aventura en Chapela co foco posto en potenciar as categorías biberón e prebenxamín, ademais de reforzar a estrutura do fútbol 8.

A tempada actual etá en movemento: o Cadete A está en primeira división e loita por meterse nas fases de ascenso, mentres que o sénior sitúase nestes momentos moi preto da zona de play-off na Terceira Galicia. O xuvenil mantén a categoría en Segunda Galicia, igual que o infantil, e toda a base segue en claro crecemento. A misión de Iván céntrase xustamente niso, en darlle un impulso aínda maior a todo o proxecto da base. De feito, xa estivo na presentación oficial e empeza de inmediato a preparar o vindeiro ano.

Entre as accións concretas que vai impulsar, destaca a axuda na captación de xogadores, o apoio nos partidos e adestramentos, e un énfase especial na formación deportiva a todos os niveis.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará