Hoxe é Venres 27 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nova protesta nos Valos para reclamar o arranxo integral da EP2702

corte ep2702

A adxudicación por 875.000 € das obras de mellora da seguridade viaria nun kilómetros da estrada provincial EP-2702 Amoedo-Os Valos aprobada esta semana pola Deputación non cobre as demandas da Plataforma. Hoxe volveron saír a rúa para reclamar que o organismo provincial acometa un “arranxo integral” que resolva os problemas desta vía na totalidade do seu trazado.

Os condutores que na mañá de hoxe circulaban pola estrada Redondela-Porriño volveron atoparse cun corte na circulación. Unha vez máis a veciñanza volveu reclamar na rúa o arranxo da EP2702. Esta mesma semana a Deputación daba a coñecer a adxudicación da obra de ensanche e mellora da seguridade viaria nesta estrada por 875.000 euros. Dende a Plataforma aplauden que por fin se vaian iniciar os traballos pero insisten en que esta actuación non vai arranxar o problema dunha estrada que precisa dun arranxo inegral. Angel Domínguez é un dos integrantes da plataforma.

As obras de mellora permitirán ampliar a plataforma actual ata configurar dous carrís de 3,30 metros con beiravías, mellorando así as condicións de circulación. Ademais, rectificaranse varias curvas nos puntos con menor visibilidade, reforzando a seguridade en zonas especialmente sensibles. O proxecto inclúe tamén a rehabilitación integral do firme, coa renovación das capas de rodadura en todo o ámbito de actuación.

Unha obra que os veciños esixen se amplíe a todo o trazado “non queremos ter que esperar outros 8 anos para que se arranxe o resto da estrada”.

Os traballos de reforma do primeiro tramo teñen un prazo de execución de nove meses.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará