Hoxe é Xoves 26 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club Omnihum arrasa no Campionato de España de Poomsae con 10 medallas

633752372_18123125278604538_1229585945671243000_n

O Club de Taekwondo Omnihum logrou unha actuación destacada no Campionato de España de Poomsae, Freestyle e Adaptado 2026, celebrado o pasado sábado 21 de febreiro no Palacio de Deportes de San Pablo, en Sevilla.

O club regresou a casa cun impresionante botín de medallas: cinco ouros, tres pratas e dous bronces, nunha xornada na que todos os seus deportistas participantes subiron ao podio. Un resultado que reflicte o excelente nivel técnico e a preparación do equipo nunha das competicións nacionais máis relevantes da modalidade.

As medallas de ouro foron conseguidas por:

  • Brais Fernández, na categoría de parella inclusiva.
  • Bea Queiro, tanto en Máster 3 como en parella +61.
  • Elena González, en trío 31–50 e tamén en parella inclusiva.

As pratas chegaron da man de:

  • Elena González, en sénior 2.
  • Iago Cividanes, no trío júnior.
  • Elvira Gómez, no trío 31–50.

Finalmente, os bronces foron para:

  • Brais Fernández, en parapoomsae sénior.
  • Leire Alonso, no trío júnior.

Ademais do éxito colectivo, destaca especialmente a clasificación de Bea Queiro para o Campeonato do Mundo de Poomsae, que se disputará en Chuncheon (Corea do Sur) do 16 ao 20 de setembro de 2026. A deportista asegurou a súa praza tanto na categoría individual como na de parella, o que supón un fito importante para o taekwondo galego na escena internacional.

O poomsae, modalidade técnica do taekwondo que valora a precisión, forza, control e expresión das formas (secuencias predeterminadas de movementos), continúa gañando terreo en España. Dende o club expresaron un gran orgullo polo traballo realizado polo equipo e agradeceron o apoio recibido. En Redondela xa miran con ilusión cara ao reto mundialista.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará