Hoxe é Venres 6 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charlas, experimentos e cine no IES de Chapela para celebrar a Semana da Ciencia en galego

WhatsApp Image 2026-02-06 at 14.48.30

O Instituto de Chapela celebra dende hoxe e ata o 12 de febreiro a Semana da Ciencia en Galego co obxecto de amosarlle á sociedade a variedade e riqueza da investigación científica que se realiza empregando a nosa lingua. Unha semana cargada de actividades que celebrou hoxe a Feira Científica “Non é maxia… é ciencia” na que participaron un total de 57 alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato. A semana da ciencia inclúe ademais un ciclo de charlas que se prolongará ata o día 12.

Un ciclo que arrancaba coa conferencia  “Cosmética natural galega” de Amalgama Silvestre. Na vindeira semana o luns Nuria Estévez será a encargada da charla “Descubrindo o código secreto da vida” e pola tarde será Jesús Manuel Míguez que impartirá a clase “O tictac da vida: como funciona o teu reloxo biolóxico”.

O martes chegará  “A miña cociña está chea de vida e é sá” de Ángeles Peña Gallego e o mércores falarase dun tema de tanta actualidade e que tanta expectación está a crear como é  “A eclipse solar total de 2026”, unha proposta a cargo de Manuel Andrade Baliño dirixida ao alumnado de 3º e 4º ESO

O ciclo pecharase o xoves con “IA deconstruída e reconstruída: un xogo de esencias” de Manuel Vilares.

Ademais o día 11 de febreiro, día internacional da muller e da nena na Ciencia, emitirase en todas as aulas o vídeo #NOMOREMATILDAS denunciando o silenciamento de mulleres científicas na historia da ciencia co obxectivo de promover a vocación científica entre as alumnas do noso instituto. O vídeo estará dobrado ao galego por unha alumna do IES de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará