Hoxe é Martes 3 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Olympus e París de Noia amenizan as festas de San Blas do Viso

san blas

Verbenas, actos relixiosos e actividades para a rapazada centran a programación dunha festa marcada este ano polo mal tempo. Dende a Comisión lembran que as actividades previstas desenvolveranse baixo unha carpa no recinto de festa onde non faltará a música das verbenas que este ano correrán a cargo de Olympus, París de Noia, Marbella e La Conexión. Hoxe subirá ao escenario do Dúo Prisma.

As celebracións arrancaron hoxe coincidindo coa celebración do santo. Con todo, o mal tempo da xornada obrigou a introducir cambios na programación e levar as actividades baixo a carpa da festa. Así, o reparto de rosquillas entre a veciñanza tivo que realizarse baixo cuberta ante un martes marchado polas chuvias. Pola tarde, logo da misa das 20:00 horas terá lugar a verbena nocturna amenizada polo Dúo Prisma.

Logo de dous días de descanso a festa regresará o venres coa gran verbena amenizada por Olympus e París de Noia.

O sábado haberá tamén actividades para os máis pequenos a partir das 17:00 horas con animación a cargo de Héroes para a ciencia no recinto da festas. A despedida deste ano será coa música das orquestras Marbella e La Conexión.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará