A XXIV edición do Certame da Camelia celebrarase entre o 28 e o 1 de marzo. Hoxe martes día 3 ábrese o prazo de inscrición para participar nesta cita que, como novidade este ano. celebrarase na Casa do Pobo de Moreira, en Soutomaior.
Unha cita referente par as persoas cultivadoras e afeccionadas á camelia pero tamén para todas aquelas persoas que simplemente senten curiosidade ou son fans desta flor.
Inclúese como actividade principal a exposición de composicións de flor de Camelia que se desenvolverá este ano na casa do Pobo de Moreira, nos centros educativos e nos escaparates no comercio/hostalería local. Haberá actividades complementarias que destacan o valor que a Camelia ten a nivel artístico-cultural, a nivel social como símbolo do movemento feminista e sufraxista, a nivel benestar-saúde e a nivel de promoción económica para facer deste Certame un evento diverso, creativo, enriquecedor, participativo e motivador.
Unha programación que inclúe a exposición de flores e composicións de Camelia que se realizarán nos centros educativos do municipio, nos escaparates dos comercios e establecementos e na Casa do Pobo de Moreira. Como actividades complementarias destacan un obradoiro de deseño de camisetas e técnica da estampación “A camelia está de moda”, una actividade de relaxación con aceite de Camelia, o obradoiro de “chapas customizadas” ou concerto do trío 3.COM.
Ao certame poderán concorrer todas as persoas, profesionais ou afeccionadas, que realicen a súa inscrición previamente e presenten unha composición de flores de calquera especie e variedade de Camelia, así como calquera dos seus híbridos.
Un Certame que contará con premios económicos en todas as categorías, (centros educativos, comercio e hostalería e a exposición na casa do Pobo de Moreira) e que tamén contará co premio especial Lelita Gradín, como novidade este ano tamén haberá un premo ás Asociación locais pola súa implicación neste certame. Outro dos premios que tamén se outorgarán nesta XXIV edición é o premio á inclusividade.
O prazo de inscrición para participar no Certame comeza hoxe martes 3 de febreiro, e remata o venres 20 de febreiro ás 14:00h. As inscricións este ano serán en liña entrando no seguinte enlace: https://soutomaior.gal/actividades/











