Foto de arquivo do Atlético Villar
CD CHOCO – CD MOAÑA (1-1)
Na Categoría Preferente, o CD Choco logrou un valioso empate a un gol na casa fronte ao CD Moaña. Con este punto suman 23 na clasificación xeral e continúan fóra da zona de descenso directo. Na próxima xornada, desprazaranse ao campo do Cultural Areas, actual oitavo clasificado, nun encontro que pode ser clave para consolidar a súa posición na táboa.
SDC PONTE CALDELAS- CD ARCADE (0-0)
En Primeira Galicia (Grupo 5), o CD Arcade non puido pasar do empate sen goles na súa visita ao SDC Ponte Caldelas. Este punto permite ao Arcade situarse no sétimo posto da clasificación, con 29 puntos. O vindeiro compromiso será no seu estadio, onde recibirán ao Cordeiro CF, cuarto clasificado e un dos equipos con máis aspiracións na zona alta.
SD ROMAY –CD SOUTOMAIOR (2-3)
Na Segunda Galicia, o CD Soutomaior conseguiu unha importante vitoria como visitante por 2-3 ante o SD Romay. Con estes tres puntos, o Soutomaior colócase cuarto na táboa e entra na zona de promoción de ascenso (play-off), superando precisamente ao Romay, que baixa ao quinto posto con 28 puntos. Na xornada seguinte, os de Soutomaior recibirán ao Xuventude Sanxenxo, terceiro pola cola e moi necesitado de puntos para escapar da zona de descenso.
ATLÉTICO VILLAR – CHAPELA CF (3-2)
Na Terceira Galicia – Grupo Vigo, o Atlético de Villar impúxose por 3-2 no derbi local contra o Chapela CF. Esta vitoria permite aos de Villar afianzarse como líderes da categoría con 42 puntos, ampliando a vantaxe sobre o segundo clasificado, o AD Lavadores, ata os catro puntos. Pola súa banda, o Chapela sitúase sétimo con 32 puntos. Na próxima xornada, o Atlético de Villar visitará ao Atlético Huracán de Zamáns (quinto), mentres que o Chapela recibirá ao Descanso Sampayo, terceiro pola parte baixa da táboa.
CD CESANTES – BARRO CF (3-1)
No Grupo Pontevedra da Terceira Galicia, o Cesantes venceu por 3-1 ao Barro CF e mantense segundo na clasificación con 37 puntos, a só tres do líder Campaño SD. Na vindeira xornada, os de Cesantes visitarán ao EF Cobres, sexto clasificado.









