Hoxe é Venres 30 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG insta á Deputación a asumir o arranxo do Paseo da Portela

paseo portela si

Os nacionalistas entenden que debe ser o organismo provincial o que financie e asuma os custes de renovación desta senda peonil de 1,2 kiilómetros. Lembramos que actualmente o paseo da Portela permanece pechado ao público polo mal estado que presenta a pasarela de madeira.

O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González afirma que “este paseo presta un servizo directo á estrada provincial EP-2904 como senda peonil segura, polo que debe ser a Deputación quen asuma os custos da obra”. Este paseo de madeira discurre en paralelo á estrada de titularidade provincial que une o barrio da Portela con casco urbano de Redondela.

“Trátase dun espazo moi transitado, que ofrece unha alternativa segura a unha estrada provincial que doutro xeito obrigaría a peóns e peoas a ir polo propio vial”, afirma o edil do BNG. Por ese motivo, considera que debe ser a Deputación quen asuma os custes íntegros da obra.
Critica tamén o concelleiro ao goberno municipal por entender que non se acometeron as medidas de mantemento necesarias para evitar chegar a este punto de grave deterioro do paseo. “Estas sendas de baixo impacto medioambiental, de grande repercusión social deben tratarse con mimo, cousa que non fixeron nin o actual goberno de Digna Rivas nin o anterior de Javier Bas”.

Conclúe González afirmando que “a renovación do Paseo pola Deputación serviría para saldar unha débeda con noso concello, xa que mentras noutros concellos o ente provincial financia íntegramente sendas verdes, nós temos que xestionalo vía plans provinciais, que se poderían destinar a outras inversións” e insta a Javier Bas a negociar o seu arranxo como liberado do PP na Deputación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará