Hoxe é Xoves 22 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior oferta cursos de mellora da cualificación profesional de persoas adultas

cursos formaci


As persoas que queiran participar na Aula Mentor, un Programa de aprendizaxe continua que combina a formación en liña e a titorización individualizada, deben abonar unha cota de 48 euros. O Concello de Soutomaior súmase a esta iniciativa do Ministerio de Educación co fin de mellorar a cualificación profesional das persoas adultas a través do seu modelo formativo.


O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, e a orientadora laboral de Soutomaior, María Domínguez, presentaron este martes a Aula Mentor de Soutomaior. Unha iniciativa que o Concello de Soutomaior pon en marcha en colaboración co Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, para a cal conta cunha axuda de 4000€.
Trátase dun Programa de aprendizaxe continua que combina a formación en liña e a titorización individualizada que busca mellorar a cualificación e recualificación profesional das persoas adultas a través do seu modelo formativo, que se adapta ás necesidades e ritmo de aprendizaxe individuais. A aula de Soutomaior comezará a funcionar desde finais de xaneiro de 2026 e estará situada no Multiúsos en Arcade onde alumnado disporá do equipamento necesario para poder seguir con éxito cada un dos cursos.
A oferta formativa de Aula Mentor conta cun amplo catálogo de cursos organizados en diferentes áreas formativas e itinerarios que permiten acreditar estándares de competencia e para os cales non se exixen requisitos previos para a súa matriculación. A matrícula nos cursos é flexible durante todo o ano (agás agosto). O prezo único para todos os cursos é de 48 € (para una duración inicial de dous meses). Excepcionalmente, o catálogo oferta cursos dun mes de duración cun custe de 24€.
Unha vez realizada a matrícula na Aula Mentor o alumnado accede á plataforma virtual de aprendizaxe onde se desenvolve o curso. Nesta contorna compártense os recursos, materiais e actividades para o seguimento do curso e establécese a comunicación co titor ou titora que lle fora asignado.
Todos os cursos do Programa de Formación Aberta Aula Mentor están deseñados para mellorar as competencias básicas e profesionais da poboación adulta, ampliar a súa cultura e fomentar o desenvolvemento das súas capacidades, utilizando contornas formativas apoiadas nas tecnoloxías da información e a comunicación.
O mércores 28 de xaneiro ás 12:30h a administradora da aula de Soutomaior (Orientadora laboral do Concello) dará unha charla informativa e explicativa sobre como funciona a plataforma. A asistencia será de balde e estará aberta a toda a cidadanía co fin de presentar o funcionamento da plataforma e o conxunto de cursos que se ofrecen.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará