Hoxe é Xoves 22 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR Rodavigo cae no derbi galego ante o Meaño

615338104_1454606950007561_4302588909591842595_n

Foto de Patry Rivas/Estación Balonmano

No partido correspondente á División de Honor Prata Femenina, SAR Rodavigo non logrou a vitoria no derbi autonómico disputado fronte ao Asmubal Meaño.

O encontro comezou cunha igualdade absoluta, con marcador de 4-4 nos primeiros compases. A partir dese punto, o equipo local conseguiu tomar a iniciativa grazas a unha maior efectividade en ataque e a varios contraataques rápidos, o que lle permitiu abrir unha vantaxe de tres goles. A diferenza foi medrando progresivamente e, ao chegar ao descanso, o resultado era de 16-11 a favor da SAR Rodavigo.

Na segunda metade, o Asmubal Meaño reaccionou con rapidez e, en apenas catro minutos, igualou o marcador (17-17 no minuto 34). A partir dese momento, o partido converteuse nun continuo intercambio de goles, con alternancias constantes no electrónico e sen que ningún dos dous conxuntos lograse imporse de forma clara. As perdas de balón e as imprecisións da SAR Rodavigo nos minutos finais decantaron a balanza do lado visitante, que cometeu menos erros en momentos clave. O resultado final foi de 28-30 a favor do Asmubal Meaño.

O equipo da SAR Rodavigo deberá recuperar a concentración de cara ao próximo encontro, que o levará a xogar fóra de casa ante o Aula Valladolid.

SAR Impernoroeste imponse no derbi ante as Choqueiras

A SAR Impernoroeste logrou a vitoria no derbi redondelán da Segunda Autonómica Feminina fronte ao equipo das Choqueiras.

O partido non foi o máis fluído do equipo local, que presentou varios desaxustes tanto na faceta defensiva como na ofensiva ao longo do encontro. A pesar diso, as xogadoras da SAR Impernoroeste mantiveron o control do marcador desde os primeiros minutos e non permitiron en ningún momento que as rivais pasasen por diante no electrónico.

O equipo local soubo xestionar a vantaxe ao longo dos corenta minutos e acabou impoñéndose por 21-24. SAR Impernoroeste xogará a próxima xornada na Bomboneira fronte ao Balonmano Arousa e as Choqueiras desprázanse para xogar contra o Bueu Atlético.

Na mesma categoría feminina, o BM Chapela descansou na xornada pasada e retoma a competición esta fin de semana coa recepción do Club BM Abegondo no seu pavillón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará