Un veciño de Quintela de 43 anos de idade e outro de Vigo de 40 foron identificados pola Policía Local logo de seren sorprendidos realizando pintadas no tunel da Friolla no Cubillón en Chapela. Os dos homes enfróntanse a unha sanción económica.
Os feitos tiveron lugar o pasado domingo ás 17:30 horas cando un veciño da zona alertou á Policía Local da presenza de dous individuos realizando pintadas nun tunel da parroquia de Chapela. Unha vez no lugar os axentes sosprenderon a estes dous varóns realizando os graffitis polo que se procedeu a súa identificación e propostos para sanción. Tamén se lle interviron os “sprays” empregados na realización das pintadas.
Dáse a circunstancia de que un dos homes era reincidente, constándolle unha denuncia semellante pola realización de pintadas en Cedeira no pasado mes de novembro.









