Hoxe é Venres 23 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior concede o premio “María a das mil flores” á mariñeira Estrella Cortegoso

estrella cortegoso premio

O Consello Municipal Feminista de Soutomario acordou, por maioría de votos, darlle o premio municipal en prol da Igualdade “María á das mil Flores” a Estrella Cortegoso, a primeira muller mariñeira a flote da Confraría de Arcade.
O Premio “María a das mil Flores” é un galardón que busca recoñecer a labor efectiva a prol da igualdade e entregarase no marco dos eventos conmemorativos do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Seguindo co seu obxectivo de honrar a traxectoria persoal e profesional de mulleres do municipio que contribuiron siginificativamente á igualdade, poñendo en valor o seu traballo e esforzo, nesta segunda edición o Consello Municipal Feminista decidiu outorgarllo a unha veciña que desenvolveu o seu traballo nun sector tan importante da localidade como é o mundo do mar.
Cortegoso convértese na segunda muller en recibir este recoñecemento logo de que na edición anterior se recoñecera o laborde Marisol Santomé, matrona de Arcade dende 2004 ata 2022.
O nome do premio rende homenaxe a unha veciña moi querida do municipio, coñeceida popularmente como “María a das mil flores” ou “María a coxa”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará