Hoxe é Venres 23 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar no Entruido máis madrugador da comarca

entruido

O desfile de comparsas terá lugar o sábado 7 de febreiro con saída ás 17:30 horas da Rúa Calvario e percorrido polo casco urbano de Arcade ata a Alameda Talo Río, lugar no que se celebrará unha festa de entroido. Os interesados en participar no desfile deberán facer a súa inscrición antes do venres 30 de xaneiro.
As comparsas participantes deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación. Non se considerarán como comparsas con dereito á inscrición e participación aquelas que repitan o seu disfrace de anos anteriores. O número máximo de comparsas participantes no desfile é de 14 que serán seleccionadas polo Concello atendendo a unha serie de criterios que están especificados nas bases que se poden consultar na páxima web municipal.
O desfile partirá da Rúa Calvario ás 17:30 horas do día 7 de febreiro para percorrer a continuación as rúa Xosé Solla, Rosalía de Castro e remate na Alameda Talo Río onde haberá unha festa de entroido.
As axudas pola participación no desfile oscilarán entre os 400 euros para aquelas comparsas que superen os 40 integrantes e os 100 euros que recibirán as agrupacións de entre 30 e 40 participantes que non leven nin carroza nin megafonía propias. No caso de contar con estes elementos recibirán 300 euros.
Haberá tamén premios dotados económicamente con 600 euros para o terceiro clasificado e 800 euros o segunto, mentres que o gañador recibirá un premio de mil euros. A maiores, haberá tamén un premio único especial inclusión dotado con 100€.
Soutomaior destina a esta celebración un total de 8.760 euros.
A inscrición farase a través da páxina web do concello antes do día 30 de xaneiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará