Hoxe é Venres 23 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Amoedo celebra a festa na honra de San Amaro coa orquestra Saudade e o grupo A Resaca de Masiel

san amaro

A parroquia de Amoedo, en Pazos de Borbén, celebra este xoves día 15 a súa festa na honra a San Amaro. Unha xornada marcada polas actividades de carácter relixioso pero na que non faltarán as actividades musicais e de animación así como a verbena nocturna amenizada pola orquestra Saudade e o grupo A Resaca de Masiel. O recinto estará cuberto cunha gran carpa para evitar as posibles inclemencias meteorolóxicas.
A xornada arrancaba coa celebración de misas solemnes cada hora na Igrexa parroquial dende as 9.00 ata as 13.00 horas. Ao redor da unha e media partirá a procesión na que a figura do santo percorrerá os exteriores do templo acompañada polos veciños e a música da Banda Municipal da Lama.
Os actos relixiosos finalizarán ás 18.00 horas coa celebración da última misa do día. Ás 20:00 horas comezará a verbena, que contará coa animación musical da orquestra Saudade e o grupo A resaca de Masiel.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará