Hoxe é Venres 23 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un socavon ao carón do concello obriga a desprazar a Unidade Móbil de doazón de sangue

socavón 1 si

Susto o que se levaron os profesionais que na xornada do venres atendían o autobús da Axencia de Doazón de Sangue que se desprazou esta fin de semana a Redondela. Unha roda do vehículo quedou atrancada nun socavón que se producía detrás do concello. O buraco foi reparado na xornada de onte.
O socavón, ao carón do concello na parte de terra que hai entre o edificio e o río alvedosa, produciuse ao ceder parte do firme co peso do autobús de ADOS que se atopaba no lugar habitual non que realizan a recollida de doazón de sangue cando se desprazan ao municipio.
Nada máis producirse avisouse aos responsables municipais e á Policía Local que, ante o risco de que se puidera producir algunha caída, sinalizou e acotou a zona para evitar o paso de peóns. Unha incidencia que obrigou á unidade mobíl de doazón a trasladarse na xornada do sábado a unha ubicación alternativa na Praza da Farola.
O orixe do buraco podería deberse á acción de erosión da auga que se filtra dende o Alvedosa.
Os traballos de reparación acometéronse de inmediato e a día de hoxe o socavón xa está tapado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará