A reforma do pavillón de Reboreda, a instalación de tres pistas de pádel na Montesiña en Soutomaior, o peche da pista tamén de pádel de Pazos de Borbén ou a mellora e reforma de vestiarios do complexo deportivo de Fornelos, son as obras que se van beneficiar destas achegas da Deputación. A maiores os concellos deben aportar unha porcentaxe do custe total da actuación.
A Deputración de Pontevedra pechou esta semana o prazo de presentación de solicitudes para optar aos 8 millóns de euros do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. Un plan que permitirá aos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia impulsar este ano preto de 90 actuacións que abranguen desde novas instalacións deportivas municipais ata a mellora e modernización das existentes ou a subministración de mobiliario e material para a práctica do deporte.
Redondela con máis de 257.000 € é un dos concellos que máis recursos recibe deste plan provincial. Con esta contía, o goberno local vai financiar a modernización, remodelación e mellora das instalacións deportivas do pavillón municipal de Reboreda, que conta cun orzamento de preto de 389.000 €. Soutomaior recibirá preto de 123.000 € para financiar a reforma e a instalación de tres pistas de pádel en A Montesiña, valoradas en máis de 264.000 €.
No caso de Pazos de Borbén a contía é de preto de 94.000 € para o peche da pista de pádel e a mellora da súa contorna mentres que Fornelos de Montes recibirá máis de 85.000 € para a reforma de vestiarios e a mellora do equipamento do complexo deportivo da vila.









