Hoxe é Venres 23 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alba Troiteiro, a artista de Soutomair que xoga co pincel

WhatsApp Image 2026-01-09 at 16.44.39

No panorama da ilustración galega contemporánea, Alba Troiteiro emerxe como unha figura destacada pola súa habilidade para combinar forza e delicadeza nos seus trazos. Esta artista plástica e ilustradora, natural de Soutomaior, ten deixado a súa pegada en diversos ámbitos, desde libros e campañas feministas, feiras do libro e pinturas en directo en festivais que chegan a miles de persoas. O seu traballo, caracterizado polo uso de boli e tinta china, reflicte unha mestura entre o artístico e o artesanal, priorizando tanto a forma coma o contido.

O estilo de Troiteiro evoluciona co tempo, pero mantén constantes a liña marcada e o claro-escuro, influenciados pola tinta chinesa, que lle permite “focalizar, afundir no xesto, con pincel”. Ademais, ten explorado técnicas como a serigrafía artística, o muralismo e mesmo os inicios no tatuaxe, achegándose a unha estética próxima ao cartelismo. Esta artesanía contrasta coa ilustración dixital predominante hoxe en día, aportando unha “sensación de difusión, de emoción” que valora especialmente.

Entre os seus proxectos máis salientables, Troiteiro menciona o mural realizado no entroido en Vilaboa, que transformou as columnas da ponte da autopista en Riomaior nunha Madama e un Galán de 20 metros de alto, un desafío que lle permitiu conectar coa cultura e tradición galegas, algo que desfrutou intensamente.

Outro traballo significativo foi o proxecto mural desenvolvido coas internas do cárcere da Lama, unha experiencia enriquecedora pola interacción humana e o espazo, que resultou nunha “simbiose por ambas partes”. Actualmente, atópase inmersa nun ambicioso proxecto baseado no xogo da oca, con 63 ilustracións persoais que buscan expandir a xeografía galega, incorporando elementos simbólicos e xogo. “A min gústame moito todo aquilo que ten que ver coa palabra expansión, co simbólico e co xogo”.

Nestes momentos, Troiteiro amplía o seu abano creativo realizando bosquexos en directo para eventos e vodas, unha actividade que permite unha interacción inmediata co público e que reforza o seu compromiso coa arte accesible e participativa.

Para coñecer a súa obra, Troiteiro dispón de varios puntos de venda: a Galería Nova Rúa en Lugo, a Galería Tangram en Pontevedra, no Trece Restobar en Soutomaior (restaurante onde está a desenvolver unha mostra temporal con opción a compra)  e en Bradouro Shop de Redondela. Ademais, mantén presenza en redes sociais, principalmente Instagram @alba_troiteiro, e na súa páxina web albatroiteiro.com, onde se poden atopar obras orixinais e reproducións.

A artista deixa unha mensaxe motivadora: “Eu animo a todo a experimenta a artesanía e o feito a man, porque sempreé bonito  construír identidade e comunidade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará