Hoxe é Venres 23 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Galicia logra a segunda posición no ránking xeral do CESA 2026 con dúas pratas e un bronce

612147253_1294528479370966_6399625337039629982_n

A selección galega de balonmán pechou unha participación destacada no Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) 2026, celebrado en Blanes (Xirona) do 3 ao 8 de xaneiro, acadando a segunda posición no ránking xeral de todas as categorías, tan só superada por Cataluña.

Os resultados máis destacados da expedición galega foron os seguintes:

  • Xuvenil masculino → Subcampión de España e medalla de prata, nunha final vibrante e moi igualada. O equipo estivo dirixido polo técnico pontevedrés Luis Montes.
  • Cadete masculino → 3º posto de España e medalla de bronce, nunha gran actuación colectiva. A selección foi dirixida pola adestradora redondelá Carla Abad.
  • Infantil feminino → 4º posto de España, rozando o podio tras unha competición extremadamente igualada.
  • Xuvenil feminino → 8ª posición nacional.
  • Cadete feminino → 8ª posición nacional.

A segunda praza no ránking xeral reflicte o excelente nivel global do balonmán formativo galego nesta edición, cun rendemento moi sólido nas categorías masculinas e unha notable competitividade nas femininas.

Redondela, novamente  un dos principais núcleos de xogadores da selección galega

O noso municipio volveu ser o máis representado na expedición autonómica, achegando un total de 11 deportistas dos clubs SAR Balonmán, Balonmán Chapela e AS Choqueiras de Redondela.

SAR Balonmán (7 xogadores/as + persoal técnico)

  • Infantil feminino: Daniela Fernández, Martina Dacosta
  • Cadete feminino: Daniela Míguez, Daniela Figueroa
  • Cadete masculino: Martín Barrio
  • Xuvenil feminino: Candela Martínez, Noa Portela
  • Persoal técnico: Lucía Pérez (infantil masculino), Carla Abad e Nerea Bouzón (cadete masculino)

Balonmán Chapela (2 xogadores)

  • Xuvenil feminino: Paula López (pivote, último ano de base)
  • Xuvenil masculino: Lois Alonso (central)

AS Choqueiras de Redondela (2 xogadoras)

  • Infantil feminino: Lia Barral
  • Cadete feminino: Adriana Bouzón

Estes once deportistas, xunto coa presenza destacada de Carla Abad na dirección técnica da medalla de bronce cadete masculina, sitúan a Redondela como un dos principais referente do balonmán de base galego e español na tempada 2025-2026.

Os clubs implicados expresaron o seu enorme orgullo por ver aos seus xogadores e xogadoras defendendo a Galicia nun torneo de máximo nivel, e consideran estes resultados  como a recompensa a un traballo serio, planificado e en equipo ao longo de toda a tempada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará