Hoxe é Sábado 24 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recicla 48 toneladas de roupa usada e dálle unha segunda vida

Colector cáritas Xunqueira

En Redondela, ao longo do ano 2025, recolléronse case 48 toneladas (47.893 quilos) de roupa, calzado e téxtil do fogar a través da iniciativa “Moda re-” de Cáritas, promovida polo Concello. O municipio dispón de dez colectores distribuídos en puntos como a vila, Chapela, Cesantes, Reboreda e Cedeira, que son baleirados mensualmente polo persoal de Cáritas. Isto equivale a que unha familia media de catro membros deposita máis de 6,6 quilos de téxtil ao ano nestes contedores, contribuíndo a reducir o impacto ambiental da industria téxtil, altamente contaminante, e a evitar que estas prendas acaben en plantas de tratamento como Sogama.

Depositar estes materiais nos colectores específicos ofrece unha dobre vantaxe: evita custos económicos e ambientais ao non envialos a vertedeiros, e dálles unha segunda vida ás prendas reutilizables. Cáritas selecciona, limpa e comercializa a roupa en bo estado en tendas de segunda man, xerando emprego nun proxecto de economía circular. Incluso as pezas en mal estado son recicladas para usos industriais, como na automoción ou na construción. O concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, fai un chamamento á cidadanía para que deposite todo tipo de téxtil nestes contedores, independentemente do seu estado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. Para que algo se recicle, é necesario primeiro separalo correctamente, é decir, non mezclalo con outros residuos doutra tipoloxía. Segundo intruducilo nunha bolsa pechada. O tamaño da bolsa non debe superar o da boca de entrada do contenedor correspondente. Terceiro, introducir a bolsa no contenedor correspondente. Toda bolsa depositada fora do correspondente contenedor acaba no lixo xeral, e polo tanto non se recicla! Separar selectivamente os residuos é voluntario. Se non queres separar, non boicotees a recollida selectiva que outros contribuimos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará