Foto de Xeila Fervenza (arquivo)
O CD Choco segue adiante na Copa Deputación de Pontevedra despois de superar con autoridade a eliminatoria de trintaedousavos. O pasado 4 de xaneiro, os de Redondela visitaron o campo de A Guía e impuxéronse por 0-2 ao CD Teis nun encontro que controlaron de principio a fin.
Mentres, no outro duelo da xornada, o CD Arcade quedou fóra da competición tras empatar 1-1 co CD Bueu e caer na tanda de penaltis por 6-5.
Na primeira rolda da Copa de Aficionados da Deputación de Pontevedra, o CD Choco xa deixara clara a súa superioridade cunha goleada. No derbi local disputado no Campo Municipal de Parada, os choqueiros gañaron ao Chapela CF por un contundente 1-14.









