Hoxe é Martes 27 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Martina Ucha do Campito levanta a copa do Campionato Galego de Seleccións Comarcais

606988994_17995123235855013_3998044902335864456_n

A selección comarcal de Vigo proclamouse campioa do Campionato Galego de Seleccións Comarcais de fútbol sala na categoría alevín feminino, tras a fase final disputada en Marín. Entre as xogadoras destacadas do combinado vigués atópase Martina Ucha, do Campito Chapela FS, quen tivo un papel importante no equipo que conquistou o título autonómico. O club de Chapela, a través da súa páxina en Facebook, quixo felicitar publicamente á súa xogadora do equipo alevín mixto pola contribución decisiva na selección de Vigo e pola obtención do campionato.

Este éxito supón un novo recoñecemento para o fútbol sala base na comarca de Vigo, que demostrou un gran nivel ao longo da competición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará