Hoxe é Martes 27 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pablo Ulla e Ahinoa Galán triunfan na San Silvestre de Soutomaior

san silvestre minutos antes da saída

Unha cita deportiva, festiva e solidaria integrada dentro da programación de Nadal do Concello de Soutomaior que congregou preto de 500 persoas. Malia non ter carácter competitivo sí houbo premio para os tres primeiros clasificados na categoría masculina e feminina. O primeiro posto masculino foi para Pablo Ulla, seguido de Ismael Lago e Juan José Amoedo. No cadro feminino a primeira posición foi para Ahinoa Galán, seguida de Judith Barros e María Ulla.
Os participantes percorreron o centro de Arcade salvando a distancia de dous kiilómetros que discorre por un circuíto urbano que partía da Alameda de Talo Río a onde regresaban os corredores tras percorrer Rosalía de Castro, Xosé Solla e Rúa Calvario. Para favorceer a participación de persoas con diversidade funcional tamén se realizou un percorrido adaptado de aproximadamente 180 metros.
Ademais dos galardóns aos tres primeiros clasificados tamén se premiaron os mellores disfraces tanto en categoría adultos como infantil e mellor difraz colectivo.
Unha cita xa consolidada na que non faltaron os tradicionais gorros de Papa Noel así como outros complementos propios do Nadal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará