Hoxe é Martes 23 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A atención municipal regresa ao Concello de Pazos nove meses despois do seu traslado polos danos do temporal

pazos concello

O goberno local informa que a partir de este xoves 18 a atención á veciñanza volverá realizarse na súa ubicación habitual, deixando xa de atenderse no edificio provisional -actual biblioteca- a onde se trasladara no pasado mes de marzo tras os importantes danos causados no edificio consistorial pola borrasca Martinho.
Os fortes refachos de vento do temporal arrincaran por completo o tellado do edificio, provocando graves danos na cuberta que facían imposible o seu uso ata que se realizaron as reparacións necesarias. Para garantir os servizos máis urxentes, decidiron trasladar a atención ás dependencias do antigo Concello (actual biblioteca).
O arranxo do tellado superou os 300.000 euros e prolongouse durante varios meses. Foi necesario destinar 165.000 euros de fondos propios para poder rematar a reparación logo de que a aseguradora recoñecera tan só 147.462 euros polo que máis da metade do orzamento quedaba sen cubrir. Ante esta situación o goberno local tivo que levar a un pleno extraordinario destinar parte do remanente municipal para poder rematar a reparación do tellado do edificio.
O goberno explica que “no primeiro andar aínda quedan pequenos retoques por rematar, pero o máis importante é garantir un bo servizo á cidadanía e que o persoal municipal dispoña dun espazo de traballo axeitado e digno” polo que se dediciu regresar ao concello situado xunto ao centro de saúde e ao colexio, recuperando así a normalidade na prestación dos servizos municipais”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará