Hoxe é Martes 23 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As Anpas e a Fundación Santa Cruz súmanse ao Mercadillo Solidario de Nadal

Mercadillo Nadal

Esta iniciativa solidaria celebrarase os días 19, 20 e 21 e forma parte das actividades organizadas polo Concello de Redondela dentro da programación de Nadal, en colaboración coas asociacións locais como Andaina, Lenda, DaMan e o Colectivo Republicano. Este ano a maiores participan por primeira vez a ANPA Pedro Floriani, a ANPA Penedos e a ANPA Paulina Sánchez Otero do IES Illa San Simón, dita participación é para recaudar fondos para as excursións de fin de curso. Tamén participará a “Fundación Santa Cruz” cos traballos que elaboran as persoas usuarias do albergue.
Con este Mercadillo búscase fomentar a solidariedade e apoiar o traballo vital destas entidades que operan no eido social e asistencial no noso municipio así como dar a oportunidade a que veciñanza e visitantes poidan mercar agasallos de Nadal orixinais e solidarios. As casetas de venta estarán abertas ao público o venres pola tarde dende as 16 ás 20horas, o sábado de 10 a 13:30 e de 16 a 20h e o domingo dende as 10 e ata as 13:30h.
O principal obxectivo desta iniciativa é recadar fondos para que as asociacións participantes poidan continuar cos seus proxectos e servizos esenciais así como ofrecerlles un espazo para visibilizar as súas causas e concienciar á cidadanía sobre as realidades que abordan.
Desde o Concello de Redondela anímase a toda a cidadanía a achegarse e colaborar con esta causa, xa que “a solidariedade é un valor fundamental da nosa sociedade para construír unha comunidade máis xusta” sinala Rivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará