Hoxe é Mércores 17 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama a Rivas o arranxo da Escola Infantil de Ventosela

escola ventosela

Filtracións e humidades, fiestras en mal estado ou deficiencias nos baños son algunhas das demandas da formación nacionalista para este centro educativo no que están escoralizados cativos e cativas de entre os 3 e 6 anos. Acusan ao goberno local de desatender estas necesidades “das que son coñecedores dende hai anos”.
Explican dende o BNG que o mantemento, obras e reformas da Escola Infantil de Ventosela dependen directamente do Concello de Redondela quen ten o deber de atender ás necesidades deste centro educativo que dende hai anos precisa de numerosas reformas para poder garantir unha atención axeitada ao seu alumnado.
Entre as demandas que se prantexan destacan as filtracións e humidades que existen en diversos puntos do edificio, ademais da necesidade de cambio de fiestras. “Estas problemáticas estanse cronificando, sen que se lle dea solución”, advirte o nacionalista Xoán Carlos González quen reclama un estudio da situación da cuberta da Escola.
Outras das cuestións que prantexan dende a comunidade educativa refírese a un comunicador que permita á mestra titular poder atender ás familias sen deixar de prestarlles atención aos cativos e cativas así como a realización de arranxos nos baños e o aumento das horas do servizo de limpeza. Tamén reclaman a instalación dunha alarma ou a sinalización nas estradas de E.E.I Ventosela.
Defende Xoán Carlos González, o modelo do ensino das Escolas de Educación Infantil de Redondela, como aquel que se desenvolve nunhas condicións de entornos privilexiados, ratios axustadas, en galego, que apostan pola formación en contacto co medio e lembra a aposta da propia parroquia por manter este centro “cando decidiron investir os 25.000 euros dos orzamentos participativos en reformar parte do soto para un espazo multisensorial que se está a acometer nestes momentos” e critican o desinterese do goberno de RIvas que non está a “asumir investimentos no ensino público, como na E.E.I de Ventosela que deberían ser unha prioridade de calquera goberno municipal”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará