Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Esquerda Unida solicita ao pleno que se soterre a depuradora da Marisma

RR_Noticias

Demandan a través dunha moción que se aborden ademais outras actuación para solucionar as deficiencias que presenta a planta depuradora de augas residuais de Redondela para evitar que se “vertan ao río milleiros de litros sen depurar”. Solicitan que se adopten unha serie de medidas encamiñadas a separar as augas fecais e fluviais.

Segundo explican dende EU a estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Redondela foi  construída para 24.000 habitantes e non dispón dun sistema que separe augas fecais de pluviais, estes erros de deseño unido as toneladas de áridos que arrastra o río maceiras procedentes das obras do AVE en San Estevo de Negros, saturan e obrigan a drenar polo que todas as noites se verten miles de litros sen depurar, producindo un dobre dano á veciñanza, o insoportable cheiro e a contaminación microbiolóxica que afecta a cría de moluscos na Enseada de San Simón.
Por este motivo, solicitan ao pleno do concello a adopción dunha serie de medidas encamiñadas a compensar as deficiencias detectadas. Medidas que se concretarían en soterrar total ou parcialmente a planta depuradora, a construción dun colector pola marxe do río alvedosa que recolla as augas residuais e a construción dun dique natural drenando aló menos a entrada da Enseada de San Simón que impida que os lodos suban río arriba cada vez que suba a marea.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará