As actividades previstas arrancarán xa ás 16:30 horas na carpa instalada en Talo Río e inclúe obradoiros, espectáculos de rúa e concerto a cargo de Camarote Band. Hoxe venres ás 20:00 horas no Multiúsos de Arcade terá lugar unha charla coloquio sobre “Neurodiversidades” a cargo de David Barbosa, especialista en psicoeuducación e TDAH.
Mañá sábado as actividades comezarán coa apertura do mercado de Nadal na carpa de talo río en horario de 16:30 a 20:00 horas. No mesmo espazo desenvolverase un obradoiro de adornos naturais para a árbore de Nadal que arrancará ás catro e media e está aberto a todo o público que queira participar. ás 17:30 comezar o espectáculo de rúa con Troula e, de seguido, terá lugar o acendido das luces con Bicos de Papel. A xornada rematará co espectáculo musical a cargo da orquestra de Camarote Band.










