Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberta a inscrición do XIII Cabeiriño Solidario do Arealonga FS

488630915_4037767289813266_5150538319157473281_n

Foto da entrega de Trofeos do XII Cabeiriño Solidario

O Arealonga FS Chapela presenta a XIII edición do Cabeiriño Solidario 2025, o tradicional torneo de fútbol sala que une deporte e solidariedade, Do 27 ao 30 de decembro, os pavillóns de Cabeiro e Chapela acollerán unha intensa xornada de partidos de todas as categorías de base.

O sábado 27, de 10:00 a 00:00 h no pavillón de Cabeiro, xogarán os benxamíns, cadetes e o sénior feminino. O domingo 28, de 09:00 a 21:00 h en Chapela, será a quenda dos biberóns, prebenxamíns, cadetes masculinos e infantís femininas, e a partir das 19:15 h haberá unha gran chocolatada solidaria. O luns 29, de 15:00 a 22:00 h, disputaranse os partidos dos infantís masculinos, e o martes 30, no mesmo horario, pecharán o torneo os alevíns.

A gran novidade deste ano é esa chocolatada solidaria: por só 2 € cada persoa leva chocolate quente e catro churros, e cada euro recadado convértese en 2 kg de alimentos para Cáritas. O club lanza ademais un reto: “Axúdanos a superar os 30 litros de chocolate e chegar aos máis de 250 kg de comida!”. Para participar é obrigatorio que cada xogador ou xogadora e cada adestrador leve polo menos 2 kg de alimentos non perecedoiros. 

Todo o recollido irá directamente a Cáritas para apoiar ás familias do concello con máis dificultades. Os equipos que aínda queiran apuntarse poden facelo chamando ao teléfono do club: 662 11 13 39.

Mesa disposta no XII Cabeiriño Solidario.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará