Hoxe é Luns 15 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR OPmobility e Balonman Chapela chegan con vitoria ao derbi

592698811_1414380344030222_4241533537472992585_n

Foto de Patricia Rivas/Estación Balonmano

A xornada da Primera Autonómica Masculina deixou dous partidos cheos de emoción e alternancia no marcador, con victorias claras para os equipos de Redondela. Ambos conxuntos chegan ao vindeiro derbi da Bomboneira con bo sabor de boca.

SAR OPmobility – Valinox Novás B (30 – 25)

O Pavillón Municipal da Bomboneira viviu este sábado un novo triunfo do SAR OPmobility, que superou por 30-25 a un Valinox Novás B moi combativo. O encontro estivo marcado polos altibaixos, especialmente nos minutos finais.

Os locais comezaron mandando con claridade e, aos 20 minutos, xa dominaban por 10-5. Con todo, unha serie de erros permitiron ao Novás recortar distancias e chegar ao descanso só dous goles abaixo (14-12). Na segunda parte a historia repetiuse: o conxunto visitante logrou empatar a 16 no minuto 36, pero a reacción da SAR foi inmediata. Encontraron mellores sensacións en ataque, abriron de novo brecha (20-16 no minuto 42) e xa non soltaron a vantaxe ata o 30-25 final.

Calvo Xiria B – Balonmán Chapela (34-38)

No pavillón Vila de Noia, o Balonmán Chapela logrou unha importante vitoria por 34-38 ante o Calvo Xiria B nun partido que estivo igualado ata os compases finais.

A primeira metade foi moi disputada e os redondeláns marcharon ao vestiario cunha mínimo desvantaxe de 16-15. Na reanudación, o Chapela subiu o nivel defensivo e foi máis efectivo en ataque. Chegaron a empatar nos últimos minutos, pero un parcial final de 0-3 rompeu o encontro e permitiulles marchar con cinco goles de vantaxe (34-38).

Derbi redondelán na Bomboneira

A vindeira xornada traerá un dos pratos fortes da tempada: o derbi entre SAR OPmobility e Balonmán Chapela. Os dous equipos chegan tras vencer na última xornada e cun gran ambiente asegurado no Pavillón da Bomboneira. Un choque que promete emoción e, sobre todo, moito balonmán do bo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará