Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Grupo Casa Paco inicia a súa campaña de Nadal de recollida de alimentos para Cáritas

WhatsApp Image 2025-11-17 at 13.05.56 (1)

Foto de Manolo “Casa Paco”, fundador e impulsor da iniciativa

O Grupo Casa Paco 81 de Redondela puxo en marcha a súa tradicional campaña de Nadal de recollida de alimentos para Cáritas Redondela.

Desde a organización desta iniciativa solidaria explican que as persoas interesadas en colaborar xa poden contribuír depositando todo tipo de alimentos non perecedoiros nos dous puntos habilitados: o pavillón de Redondela-Reboreda e o Multiusos da Xunqueira. A campaña permanecerá aberta ata o 30 de decembro.

Casa Paco distínguese durante todo o ano pola súa intensa labor social e por promover iniciativas deste tipo. Grazas a esta campaña, no ano 2024 o grupo entregou 400 quilos de alimentos a Cáritas Redondela. Ademais da axuda da veciñanza, a iniciativa conta tamén coa colaboración da empresa New Balance (afincada na Rúa do Muro), que todos os anos doa material deportivo e alimentos non perecedoiros que, á súa vez, se entregan a Cáritas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará