Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A vía verde entre Arcade e Pontevedra cada vez máis próxima tras ceder Adif os terreos á Deputación

via verde

O presidente da Deputación Luís López e os responsables do Administrador Ferroviario acordaron nunha reunión celebrada hoxe en Madrid a cesión dos terreos do trazado da antiga vía férrea, en desuso dende o 2013, para a súa conversión en Vía Verde. López afirma que se trata dunha noticia que a provincia “levaba anos agardando”  e que permitirá avanzar nun proxecto estratéxico para o territorio.

A conexión das localidades de Arcade e Pontevedra polo antigo trazado ferroviario a través dunha Vía Verde é un dos grandes obxectivos da Deputación a nivel provincia. Ademais de contratar á Fundación Ferrocarriles Españoles, os maiores expertos a nivel nacional para o impulso de Vías Verdes, un estudo de factibilidade deste trazado, a Deputación ten reservado no orzamento do vindeiro ano unha partida de 100.000 euros para a redacción do proxecto.

No encontro celebra hoxe estivo presente o director de Patrimonio e Urbanismo do Adif, Alfredo Cabello; o xefe de Área e Apoio Técnico, Jaime Martínez; e o subdirector de Análise e Seguemento de Proxectos, Raúl Lanzarote; e permitiu asinar o acordo en base ao cal Adif pon a disposición da Deputación iniciar de xeito inminente os trámites para acadar unha concesión administrativa das vías en desuso por dez anos e pechar os termos da colaboración entre as institucións encamiñado a avanzar na futura Vía Verde.

Neste sentido, Luis López fixo fincapé na importancia da cooperación e a unidade para desbloquear un “proxecto complexo” que require da colaboración entre administracións. De feito, o mandatario provincial quixo valorar a boa disposición do Ministerio para liberar o trazado dentro do marco planificación ferroviaria estatal.

A apertura da senda entre Arcade e Pontevedra é un dos treitos nos que está a traballar a Deputación dentro dun proxecto global que busca conectar as cidades de Vigo e Vilagarcía a través dunha senda peonil polas antigas vías do tren.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará