Redondela F.S. Rodavigo – Concello de Friol FS (9-1)
Na Terceira División Nacional, o recén ascendido Redondela FS brindou unha vitoria ampla por 9-1 no seu pavillón ante o Concello de Friol FS, nunha xornada que supuxo un bálsamo para os seus afeccionados. Os goles chegaron de forma constante dende o minuto 2 ata o 39, obra de Fabio (2), Daniel, Miguel (2), Óscar (2), Mario e Javier, nunha exhibición de xogo ofensivo que deixou claro o potencial do conxunto local.
Grazas a este triunfo, o Redondela suma tres puntos claves e consegue fuxir un pouco da zona de descenso, situándose no décimo terceiro posto da táboa. A próxima proba será fóra de casa, nunha visita complicada ao Pechacancelas ED Vigo 2025, un rival moi necesitado de puntos para saír dos postos baixos.
O SD Pazos de Borbén FS – ADFS Bueu (3-5)
Porén, na mesma categoría, o SD Pazos de Borbén FS non puido conter ao ADFS Bueu e acabou derrotado por 3-5 no seu propio feudo. Trátase da quinta xornada consecutiva sen vitoria para os de Pazos, que, segundo explica o club nun comunicado, “tiñamos o partido encamiñado e controlado, pero acabamos perdéndoo nuns pésimos últimos minutos”. Os goles locais levaron a sinatura de Jacobo (3), aínda que non foron suficientes para frear o ímpeto visitante.
Con esta nova derrota, os postos altos dunha Terceira División extremadamente igualada escápase cada vez máis, mentres os equipos da zona baixa comezan a sumar para tentar evitar un descenso que se prevé moi custoso, agravado polos arrastres desde a Segunda B. A semana que vén, os de Pazos desprazaranse á sempre complicada cancha do ADC San Xoán de Guitiriz, nunha saída que xulgará a súa capacidade de reacción.
O Campito Chapela FS – Poio (7-5)
Na Preferente de Fútbol Sala, o Campito Chapela FS reafirmou a súa fortaleza como local ao impoñerse por 7-5 ante o Poio nunha contenda vibrante e cargada de goles. Esta vitoria permite aos beretes engadir tres puntos valiosos na loita pola zona alta da clasificación.
A próxima xornada levará ao Campito fóra de casa, nun duelo de alto voltaxe contra o C.V.C. Valladares, actual segundo clasificado e un rival que promete complicacións.
Arealonga FS Chapela – Pecheches B (5-1)
Pola súa banda, na Primeira Futgal, o Arealonga FS Chapela caeu por 5-1 ante o Pecheches B nunha xornada marcada pola irregularidade. O equipo xa prepara o seguinte encontro contra o Vincios FS, nunha tempada complicada que se ve lastrada por ata seis lesións acumuladas, o que limita as súas opcións no terreo de xogo.









