Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dez días sen médico en Pazos de Borbén

pazos saúde

O centro de saúde de Pazos leva sen médico dende o pasado 6 de novembro. Unha situación que afecta a 1.700 persoas que dende hai máis de dez días non poden recibir atención médica neste centro sanitario. O alcalde Luciano Otero amosa a súa indignación e esixe ao Sergas que de xeito inmediato cubra a praza da facultativa que actualmente se atopa de baixa.

Luciano Otero e a concelleira Victoria Couñago denuncian que a veciñanza leva desde o xoves 6 de novembro sen atención sanitaria básica. O rexedor explica que dende o Concello levan “varios días reclamando con carácter de urxencia ao SERGAS a reposición inmediata do médico ou médica de familia no centro de saúde do Concello”. Lembran que a facultativa residente que ocupaba a praza atópase de baixa, sen data prevista de reincorporación, e neste período o Servizo Galego de Saúde non asignou ningún substituto”.

A concelleira de Servizos Sociais, Victoria Couñago, amosa a súa profunda preocupación, lembrando que “moitas persoas maiores, dependentes e familias con necesidades específicas non poden quedar desatendidas. Estamos a falar dun servizo básico e imprescindible”.

Desde o Concello consideran a situación “inadmisíbel e impropia do século no que vivimos”, e insisten en que non se pode permitir que tanta xente quede sen atención sanitaria nin un só día máis.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará