Hoxe é Martes 3 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Valioso triunfo do SAR OPmobility na Coruña

581118730_1396289405839316_2025647306312016987_n

Foto de arquivo de Patricia Rivas.

A Primeira Autonómica masculina de balonmán segue a ofrecer encontros cheos de intensidade e emoción. Na sexta xornada, o SAR OPmobility logrou unha importante vitoria a domicilio fronte ao Balonmano Atlántico, mentres que o Balonmán Chapela sufriu unha derrota na casa ante un dos favoritos, o Seis do Nadal.

O SAR OPmobility desprazouse ata A Coruña para medirse ao Balonmano Atlántico, un equipo recén ascendido que non se rendeu en ningún momento e plantou cara aos vigueses ao longo de todo o partido. Comezaron con algunhas dificultades en ataque, o que lles impediu tomar a delanteira nos primeiros compases. Aínda así, as intervencións estelares da portería foron decisivas para manter o equilibrio e evitar que os locais se escapasen no marcador (5-4 ao minuto 12).O duelo mantívose nunha igualada constante ata os minutos finais da primeira parte, cando o SAR atopou por fin a fluidez ofensiva que buscaba e se foi ao descanso cunha renda de catro tantos (10-14). Na segunda metade, non soltaron as rendas do xogo: controlaron o ritmo con solidez colectiva e, a pesar dos intentos dos coruñeses por recortar distancias (18-19 ao minuto 43), unha boa xestión dos minutos finais permitiu ampliar a vantaxe ata o 21-26 final.”Grandes sensacións nunha xornada que reforza a confianza do grupo”, destacou o equipo tras o pitido final, nunha declaración que reflicte o bo ambiente no vestiario. Esta vitoria consolida o bo momento do SAR, que agora prepara un dos retos máis complicados da tempada: o próximo fin de semana, enfrontaranse ao líder da categoría, o Poio Artai, nun derbi que promete lume.

Na mesma xornada o Balonmán Chapela recibiu na súa casa ao Seis do Nadal, un dos grandes favoritos da liga. Non era un partido sinxelo para os locais, e así o confirmou o marcador final: unha derrota por 27-39 que deixa clara a superioridade dos visitantes, que agora ocupan a segunda praza da táboa. O conxunto berete loitou con garra, pero o potencial ofensivo do Seis do Nadal fixo imposible a sorpresa. Con esta derrota, o Balonmán Chapela sitúase no sétimo posto con seis puntos no seu haber, un resultado que serve de lección para os vindeiros compromisos. A próxima proba será a visita a O Grove, onde buscarán recuperar o camiño das vitorias e sumar puntos claves para escalar posicións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará