Hoxe é Domingo 7 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitorias das mozas do Balonmán Chapela e SAR

581106755_1396482689153321_1416709699809227724_n

Foto de arquivo de Patry Rivas

A fin de semana trouxo acción intensa para os nosos equipos locais de balonmán feminino. SAR Rodavigo sufriu unha derrota axustada, mentres que en Segunda Autonómica as nosas mozas seguen a senda da vitoria.

División de Honra Prata Feminino: SAR Rodavigo cae en Madrid ante o Balonmano Sanse (33-30)

A SAR Rodavigo desprazouse este fin de semana a Madrid para enfrontarse ao Balonmano Sanse nun partido intenso e moi disputado de principio a fin, como recolle a crónica oficial do club nas súas redes sociais.

Comezaron algo imprecisas nos primeiros compases, o que permitiu ás locais abrir unha renda de catro tantos (8-4) nos primeiros dez minutos”. Con todo, segundo a directiva, o equipo reaccionou axustando a defensa e conseguiu igualar o marcador (8-8, min. 14). A partir de aí, o intercambio de goles foi constante ata o descanso, ao que se chegou cunha lixeira vantaxe para as madrileñas (18-16).

Tras o paso polos vestiarios, a dinámica mantívose: a SAR Rodavigo continuou  firme e cerca no marcador, aínda que sen lograr pórse por diante (22-21, min. 37). No tramo final, o Sanse apertou e conseguiu a súa máxima diferenza do encontro (31-25, min. 52). A pesar do esforzo final por reducir distancias, o marcador rematou reflectindo un 33-30 a favor das locais.

A próxima cita será na Bomboneria, onde recibirán ao Balonmano Fuentes Carrionas.

Segunda Autonómica: SAR Impernoroeste vence en Tui (23-33)

Nesta segunda xornada da tempada, o SAR Impernoroeste visitou a pista do Balonmano Tui e volveu sumar unha nova vitoria para continuar con paso firme no arranque ligueiro.

Tal e como detalla a crónica do club nas redes: A primeira parte estivo marcada pola igualdade no marcador durante boa parte do tempo (10-11, min. 22), pero no tramo final, apertaron en defensa e mostraron maior acerto en ataque para chegar ao descanso cunha vantaxe cómoda(11-16).Na segunda metade, a SAR Impernoroeste mantivo o control do xogo, freando os intentos de remontada das locais e ampliando progresivamente a diferenza ata pechar o encontro cun contundente 23-33.

De momento, manteñen o pleno de vitorias e suman 4 puntos. A próxima semana descansan e o equipo volverá á competición o fin de semana do 23 de novembro para recibir na Bomboneira ao Atlético Bueu.

Segunda Autonómica: Cies Obra Civil Balonman Chapela recolle outra vitoria en Vigo

Tamén en Segunda Autonómica, vitoria para o Cies Obra Civil Balonman Chapela na súa visita ao CDEC Lavadores Vigo B. As rapazas de Chapela impuxéronse nun partido disputado por 27-30, mantendo así o seu bo comezo de tempada.

Esta é a segunda xornada e, de momento, manteñen o pleno de vitorias con 4 puntos no casillero. A próxima xornada, recibirán ao CP Lucense no Pavillón Municipal Manuel González Soto.

Segunda Autonómica: As Choqueiras Pastoriza descansan e prepara o duelo ante o BM Arousa

Pola súa banda, As Choqueiras Pastoriza descansaron esta fin de semana e preparan o seu regreso á competición o domingo 16 de novembro na casa, contra o BM Arousa. Unha oportunidade de sumar os primeiros puntos da tempada.

Unha xornada chea de emoción que deixa aos nosos equipos locais con moita motivación para as vindeiras citas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará