Hoxe é Venres 12 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Biblioteca Xela Arias de Chapela celebra os seus vinte anos cun concerto de Os Carunchos

os carunchos

A Biblioteca de Chapela arrancaba a súa andaina no ano 2005. Para conmemorar os seus 20 anos de historia elixiron un día tan especial como é o 24 de outubro, Día das bibliotecas. Unha celebración que contará coa música dos Carunchos cun concerto que terá lugar hoxe no Multiúsos do Piñeiral ás 20:00 horas.

Unha cita na que literatura e música van da man, xa que o grupo os Carunchos conta cun amplo repertorio formado pro temas de nova creación pero tamén por versións musicadas de poemas de referencia da literatura galega. De feito, no concerto de hoxe presentarán o seu último traballo

 “unha gorxa chea de paxaros” no que o grupo rende homenaxe ao poeta Manuel María, musicando unha selección dos seus poemas. Do encontró entre música e palabra xorden os trece temas que conforman este disco e que se poderán escoitar neste concerto de balde que terá lugar ás 20:00 horas no Multiúsos de Chapela.

Unha actividade “moi especial” tal e como explicaba a responsable da biblioteca de Chapela, Mª José Villar quen salientaba o atractivo do libro-disco dos Carunchos e convidaba a veciñanza a celebrar estes 20 anos dun servizo que foi medrando en usuarios e propostas culturais entre as que destacan o seu Club de Lectura de adultos ou o Club Infantil de Arte que ven de nacer.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará