Hoxe é Venres 12 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fogares compartidos, unha alternativa contra a soidade e a exclusión

vivenda comaprtida

A Fundación Formavigo pon en marcha un programa solidario e pioneiro en Redondela que busca dar resposta a dúas problemáticas en aumento: a soidade non desexada e a dificultade para acceder a unha vivenda digna. A iniciativa promove tamén a figura do propietario ético, persoas que teñen casas baleiras que poderían dar o paso de sacar esas vivendas ao mercado coa seguridade de que a Fundación se compromete a garantir o alugueiro.

Os fogares compartidos son unha opción que busca resolver dous dos problemas máis importantes que afectan á sociedade actual. Por unha banda a soidade non desexada que padecen principalmente as persoas maiores que viven soas e, por outra banda, os graves problemas en canto ao acceso a vivenda ao que se enfrontan moitas persoas pola carestía dos alugueres e pola falta de casas dispoñibles no mercado.

Fernanda Couñago, Formavigo

Unha problemática xeral da que non é allea Redondela e que levou a Fundación Formavigo a poñer en marcha este programa “tes un fogar que ofrecer” que busca poñer en contacto aquelas persoas que poidan vivir xuntas e establecer vínculos de apoio. A labor da Fundación sería facer de enlace entre as persoas candidatas e ofrecerlles “formación” para facilitar que a futura convivencia sexa a máis axeitada ata chegar ao punto no que decidan emprender a aventura de compartir unha vivenda.

Para iso contan co apoio da asociación Boa Vida que dende hai un ano ten en marcha o proxecto en Pontevedra e que xa teñen experiencia na xestión dos fogares compartidos. O técnico de integración da asociación, Julien Courcier, explica que as casuísticas son diversas e nos achegaba dalgunhas das experiencias que xa levan meses funcionando. Como exemplo falábanos dunha muller que comparte alugueiro cun emigrante chegado dende a Arxentina.

Julien Courcier, Boa Vida

Outro dos casos de éxito que permitiu aos seus participantes avanzar cara a vivenda compartida é o dun home de idade avanzada que buscaba compañía e, de xeito solidario, acolleu unha muller que se atopaba en situación irregular o que non lle permitía acceder a ningún aluguer.

O perfil máis habitual que se suma a este tipo de programas é unha persoa maior que busca compañía, sobre todo persoas que levan tempo vivindo soas e ás que xa lles pesa esa situación.

Ademais dos fogares compartidos e os alugueiros éticos, Fernanda Couñago fai un chamamento a aquelas persoas que teñen unha vivenda pechada a que se convertan en “propietarios éticos” para que os poñan a disposición de posibles inquilinos e a Formación como mediadora lle daría unha seguridade ao propietario.

O programa da Fundación Formavigo conta co financiamento da Xunta de Galicia Fogares Creativos e Vida Acompañada e o obxectivo é poñelo en funcionamento de cara ao vindeiro ano. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará