Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG insta a Rivas a negociar con ADIF o financiamento da ponte de Casal do Monte

ponte

Os nacionalistas aseguran que en abril o ente ferroviario aceptou abrir un proceso de negociación que permitiría ao Concello aforrase os 150.000 euros que custa esta obra. A polémica reforma da ponte de Casal do Monte remóntase ao ano 2018 cando se iniciaron os traballos que, por diversas problemáticas, sete anos despois segue sen rematar.

O voceiro nacionalista Xoán Carlos González insta ao goberno local a que se poña “mans a obra” para chegar a un acordo con ADIF que “sería beneficioso para Redondela” unha vez que o administrador de infraestruturas ferroviarias aceptou negociar co Concello a realización da obra. Así se recollería na resposta do Ministerio a unha iniciativa parlamentaria do deputado Nestor Rego o que abriría a porta a que o Concello aforrase os 150.000 euros que están consignados para esta obra.

O voceiro nacionalista Xoán Carlos González, insta á alcaldesa Digna Rivas a negociación e acusan á rexedora de “deixadez institucional” neste asunto. “Tivemos a iniciativa de que ADIF asumira os custes de renovación da ponte de Casal do Monte. A resposta do goberno do estado prantexaba que debería ser o concello quen realizara a solicitude. Esta proposta do BNG data xa de abril do ano 2025, polo que tempo houbo suficiente para negociar co administrador ferroviario” explica González.

Insiste o edil en que non se pode deixar escapar a posiblidade de que ADIF asuma a renovación desta ponte “deste xeito poderíase aforrar unha importante partida económica e reinvertila noutras necesidades das parroquias”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará