Os roubos producíronse na noite de sábado ao domingo en dúas vivendas unifamiliares no Camiño do Casal en Reboreda e no Camiño Rial en Ventosela. A Policía Nacional fíxose cargo das investigacións de cara a tentar dar cos autores. Unha cámara tería gravado dous individuos varóns no exterior dun dos inmobles roubados.
Os propietarios das vivendas foron quen alertaron dos roubos. Así, o 112 Galicia recibía a primeira chamada ás 23:30 horas do sábado. Os ladróns terían accedido ao inmoble, situado no Camiño do Rial na parroquia de Ventosela, tras forzar unha ventá segundo fontes veciñais. Unha cámara de seguridade tería gravado a dous varóns como supostos autores do roubos.
Ás 3:45 da madrugada outra chamada alertaba neste caso doutro roubo nun domicilio no Camiño do Casal neste caso na parroquia de Reboreda. Os propietarios decatáronse do sucedido tras chegar a súa casa e atopar a vivenda revolta.









