Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O nutricionista Jaime Juncal ofrece pautas e consellos para unha alimentación saudable despois dos 60

formación formavigo

A actividade, enmarcada dentro do programa do “outono saudable” que está a desenvolver a Fundación Formavigo, terá lugar este martes 14 no Multiúsos da Xunqueira en horario de 10:00 a 13:00 horas. A entidade ten en marcha tamén unha horta ecolóxica e un programa de cociña interxeracional. As persoas interesadas nestas propostas poden inscribirse no correo: formacion@fundacionformavigo.com ou no teléfono 600 06 01 46.

O nutricionista do Centro de Saúde de Redondela Jaime Juncal ofrecerá este martes dende as dez da mañá e ata a unha do mediodía un obradoiro práctico sobre alimentación saudable centrado principalmente nas persoas maiores de 60 anos. O obxectivo é achegar consellos prácticos e resolver dúbidas sobre as necesidades nutricionais adaptadas a esta etapa da vida. A actividade está aberta a toda persoa que queira achegarse que poderá tamén preguntar sobre dietas específicas que nos permitirán previr ou mellorar diferentes patoloxías.

Fernanda Couñago, Formación Formavigo

Fernanda Couñago explica que esta charla forma parte do programa que puxeron en marcha no inicio do outono centrado na alimentación saudable.

Un programa que inclúe tamén a horta ecolóxica na que están a participar 17 persoas que están aprendendo como ter unha horta con criterios ecolóxicos achegándolles formación sobre a elaboración de preparados naturais para control de pragas ou enfermidades. Ao longo de  e qué prácticas deben empregar para garantir que os seus cultivos sexan ecolóxicos.

Tamén está en marcha un curso de cociña interxeracional no que as persoas maiores aprenden a cociñar pratos cotiás coas plantas da contorna. Coñecen así as propiedades culinarias e os beneficios para a saúde destas plantas moitas veces esquecidas e fano ademais xunto con nenos e nenas que aprenderán a cociñar co seu apoio. Un actividade en colaboración con Aldeas Infantiles que está a ter moi boa acollida.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará