O concello de Redondela ten en marcha a campaña de “Compostaxe Doméstica” que busca a redución de residuos nos domicilios particulares. Para facilitar a elaboración de compost repartiranse 200 composteiros en vivendas unifamiliares que o soliciten previamente.
Poderán facerse cun composteiro todas as persoas residentes nunha vivenda que conte cunha parcela ou horta dun mínimo de 25 metros cadrados e o soliciten no Concello, no teléfono 986 400 300 ou a través da páxina web do Concello de Redondela.
Os composteiros teñen capacidade para 400 litros e deben situarse no exterior da vivenda, nunha zona sombreada e protexida das inclemencias meteorolóxicas, preferiblemente baixo unha árbore de folla caduca. Debe estar en contacto directo coa terra, para facilitar a entrada dos microorganismos descompoñedores para facilitar que os residuos domésticos se convertan en compost.
O obxectivo da compostaxe doméstica é que a autoxestión da materia orgánica sexa unha práctica habitual nas zonas rurais o que evita que todos eses restos de alimentos sexan transportados ás plantas de tratamento o que se traduce nunha diminución de contaminación ambiental e supón un aforro para as arcas municipais”, explica o edil de Sostibiidade Roberto Villar.









